Too Cool for Internet Explorer

blog de calvaris

23 August
2007

Mareas Vivas

Acabo de lembrar por que me encantaba Mareas Vivas agora que a están a repor na Galega internacional:

  • Currás: ... dos madeiros.
  • Pitusa: Non fales así da Garda Civil!
  • Currás: Bueno, dos membros do corpo. Bueno, dito así si que soa como o carallo.

Outra:

Pitusa e mais Currás na cama. Ela insinúase e el bótase enriba mentres berran:

  • Pitusa: Non te vaias!
  • Currás: Voume! Voume!.

Xenial...

Escrito por calvaris ás 22:54 | 2 comentarios | 0 trackbacks
05 August
2007

A carreira de hoxe

A verdade é que Lobato ás veces non lles cae ben aos inimigos da parcialidade, pero nesta ocasión creo que ten toda a razón ao estar indignado co que pasou esta noite, que basicamente foi:

  1. Hamilton sae diante.
  2. Hamilton ignora repetidamente as indicacións do equipo sobre que Alonso era o que tiña dereito a unha volta máis, así que non fai caso.
  3. Chegan a boxes, Alonso diante.
  4. Alonso non sae por ordes de equipo.
  5. Alonso chega por 6 décimas. 6 décimas!
  6. Hamilton non chega.
  7. Ron Denis cabréase e practicamente non se falan ao rematar.
  8. Preparan unha rolda de prensa máis tarde onde o maleducado de Hamilton chega tarde.
  9. Ron Denis explica que non foi culpa de Alonso mentres el tranquilo come unha mazá.
  10. Ron Denis pírase e chega o maleducado.
  11. O maleducado que se saltara as ordes de equipo ao principio ten os collóns de botarlle en cara que non se saltou as indicacións do equipo antes porque non tiña ao seu compañeiro detrás.
  12. Alonso di: "Esto es increible", e eu tamén.

Manda carallo.

Na carreira eu estaba porque Hamilton se piñase porque aínda sendo fan de Mercedes (que non de McLaren), a escudería non ía levar nin un só punto.

Finalmente a carreira estivo xenial e Fernando conseguiu avanzar catro postos tras perder dous e acabou cuarto. Agora só hai 7 puntos de diferenza que resolveremos dentro de 3 semanas :-/ .

Escrito por calvaris ás 16:31 | 0 comentarios | 0 trackbacks
21 July
2007

A terceira

Portada de El Jueves

Había tempo que quería postear sobre moitas cousas e a verdade é que non o fixen pola preguiza, pero esta ocasión meréceo.

Ten narices como algo tan anecdótico como esta inocente portada podía dar tanto que falar. A verdade é que sodes idiotas, señores da casa real, porque de non facer nada pasaría o de sempre:

Os xornais de hoxe encherán as papeleiras de mañá.

Esta frase oína na peli Notting Hill e pode ser que sexa dalguén famoso, pero eu nin idea.

Se nada fixesen nin sequera eu sabería o que pasou, pero por facelo, por movilizar as forzas de seguridade do estado para retirar todo iso do mercado aplicando a máis vil das censuras consiguen que todos lle prestemos moita máis atención e que nos reafirmemos máis na nosa idea de que a república é algo necesario. Isto ten que rematar!

Escrito por calvaris ás 12:03 | 0 comentarios | 0 trackbacks
18 May
2007

Deutschmeister wird nur VfB!

Morgen spielt VfB Stuttgart das letzte Spiel dieser Saison der Bundesliga, und wir haben viele Möglichkeiten und Deutschmeister zu werden. Ich habe eine Hochzeit und leider kann ich es im Fernsehen nicht schauen aber bestimmt werden mein Herz und meine unhörbare Stimme dabei sein. Deutschmeister wird nur VfB!

Escrito por calvaris ás 14:10 | 0 comentarios | 0 trackbacks
17 May
2007

Allo e Aceite

[Webs]  [Curiosidades

É curioso, porque pouco despois de levar a Laura a este restaurante en Marín, descubrín no blogomillo un post nun blog dun presunto entendido (e non o digo por minusvalorar, é que non coñezo realmente a súa formación :-) ) que fala do mesmo restaurante e que o deixa en bastante bo lugar. Na miña opinión é un pouco caro, pero para degustar algún día algún prato de moi alta calidade, tanto en sabor como en presentación non dubidedes en ir. Iso, si, este compañeiro comenta o mesmo fallo que lle achei eu e é que moito ter o nome en galego, os camareiros, depende quen che toque e a carta, ren. Pero casos como este, hainos a esgalla no noso país.

Como curiosidade, tamén coincido con el na opinión sobre o Non cho digo, que é un restaurante de Marcón (preto de Pontevedra) no que teñen como prato principal un poliños riquísimos. Iso si, tentar ir un sábado pola noite, é un suicidio, porque está, ou alomenos hai tempo estaba, petado.

Escrito por calvaris ás 02:45 | 2 comentarios | 0 trackbacks

Termaria

Tanto tempo levo sen escribir que até non puiden nin comentar que tanto Laura coma min xa estamos dados de alta en Termaria, tanto na parte de Talaso como na parte de Sport.

O conto foi que nos chegou a carta co día e as instrucións para formalizar a inscrición, así que xuntamos os papeis precisos e alí fomos os dous. A verdade é que a min non me tocaba ese día, pero como Laura e mais eu nos demos de alta exactamente no mesmo momento, a unica diferencia para nos tocar en datas distintas era o apelido, ambolosdous tiñamos praza garantida e apenas había xente, non tiveron problemas en darme de alta a min tamén.

Continuar a ler «Termaria»...
Escrito por calvaris ás 02:21 | 0 comentarios | 0 trackbacks
Supercharged with: XHTMLCSSWAIZopeDebianApacheFirefox